lunes, 11 de junio de 2007

Calle Xoan Vicente Viqueira




Xoan Vicente Viqueira está considerado como o mellor filósofo galego do seu tempo.

Naceu en Madrid, pero de moi novo foi traido a A Coruña, posteriormente viviu no pazo de San Fiz de Vixoi (Bergondo) onde pasou os derradeiros anos da súa vida.

Estudiou o Bacharelato en A Coruña e licenciouse en Filosofía e Letras en Madrid, completando os seus estudios en Alemania, nas universidades máis avanzadas en Psicoloxía Experimental (Leipzig, Gottinga...). O comenzo da guerra de 1914 volveu a Madrid para impartir clases na Institución Libre de Enseñanza e no Museo Pedagóxico.

De rigurosa formación intelectual, foi autor de tratados de filosofía e psicoloxía en castelán. En galego escribiu numerosas prosas, ensaios, artigos e conferencias de carácter galeguista..

Pódense considerar tres facetas na personalidade de Viqueira:

Como filósofo, defendeu sempre a filosofía de acción, comprometéndose con Galicia a través da Xeración Nós e das Irmandades da Fala, xa que mantivo unha estreita relación con moitos dos seus compoñentes (Losada Dieguez, Risco, Vilar Ponte, etc.)

Como psicólogo, aplica os seus coñecementos ó problema da educación. Defende a necesidade de incorpora-lo galego ó ensino, que a Escola Primaria debería se-lo eixo da parroquia e potencia-la preparación técnica no Ensino Medio.

Como poeta, exprésase sempre en galego deixando diferentes mostras líricas de temática amorosa e paisaxística, conectando coas vellas cantigas galaico-portuguesas.

No hay comentarios: