Mostrando entradas con la etiqueta Fotos Urbanizacion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fotos Urbanizacion. Mostrar todas las entradas

domingo, 11 de enero de 2009

Frio






El viernes por la mañana hemos amanecido de la siguiente manera, esta es la Plaza Alfonso Alcaraz.









Y esta es la calle Bispo Cesareo Lourenzo.








Esta mañana he salido a dar un paseo y a eso de las diez y media mas o menos el termómetro de la Alameda marcaba lo siguiente



Quien dijo frio???


sábado, 16 de junio de 2007

Rua Isaac Piñeiro Varela ( Casco Azul)




Esta calle lleva el nombre del soldado Isaac Piñeiro varela, que el dia 19 de junio de 1993 sufre un terrible accidente junto con otros compañeros, perdiendo la vida, cuando estaban en mision de paz en Bosnia.
En la plaza Alfonso Alcaraz de este barrio tambien podemos ver una escultura en homenaje a este soldado.

lunes, 11 de junio de 2007

Calle Xoan Vicente Viqueira




Xoan Vicente Viqueira está considerado como o mellor filósofo galego do seu tempo.

Naceu en Madrid, pero de moi novo foi traido a A Coruña, posteriormente viviu no pazo de San Fiz de Vixoi (Bergondo) onde pasou os derradeiros anos da súa vida.

Estudiou o Bacharelato en A Coruña e licenciouse en Filosofía e Letras en Madrid, completando os seus estudios en Alemania, nas universidades máis avanzadas en Psicoloxía Experimental (Leipzig, Gottinga...). O comenzo da guerra de 1914 volveu a Madrid para impartir clases na Institución Libre de Enseñanza e no Museo Pedagóxico.

De rigurosa formación intelectual, foi autor de tratados de filosofía e psicoloxía en castelán. En galego escribiu numerosas prosas, ensaios, artigos e conferencias de carácter galeguista..

Pódense considerar tres facetas na personalidade de Viqueira:

Como filósofo, defendeu sempre a filosofía de acción, comprometéndose con Galicia a través da Xeración Nós e das Irmandades da Fala, xa que mantivo unha estreita relación con moitos dos seus compoñentes (Losada Dieguez, Risco, Vilar Ponte, etc.)

Como psicólogo, aplica os seus coñecementos ó problema da educación. Defende a necesidade de incorpora-lo galego ó ensino, que a Escola Primaria debería se-lo eixo da parroquia e potencia-la preparación técnica no Ensino Medio.

Como poeta, exprésase sempre en galego deixando diferentes mostras líricas de temática amorosa e paisaxística, conectando coas vellas cantigas galaico-portuguesas.

sábado, 9 de junio de 2007

CEIP VISTAHERMOSA


domingo, 3 de junio de 2007

Plaza Xesus Ferro Couselo


Xesús Ferro Couselo (Novaíño, Cordeiro, Valga, 30 de xullo de 1906 - Ourense, 23 de abril de 1975) foi un historiador e investigador.

Fillo de Gumersindo Ferro Barreiro e María Couselo Bouzas e sobriño do sacerdote agrarista, cofundador do Seminario de Estudos Galegos e profesor do seminario de Santiago Xosé Couselo Bouzas, a partir de 1918 Xesús Ferro Couselo cursou estudos no seminario e desde 1926 asemade Filosofía e Letras, en Santiago, colabora co SEG onde fai amizade con Xaquín Lorenzo. En 1931 tras rematar os seus estudos teolóxicos co grao de doutor trasladouse a Vigo para dar clases nun colexio dos xesuítas, foi un dos fundadores da revista Logos e como delegado por Vigo participou na fundación do Partido Galeguista. Logo da expulsión dos xesuítas marchou en 1933 a Tui para ensinar no colexio Lábor e fundou a revista Tude (1934). O 1 de abril de 1935 afiliouse aos grupos galeguistas de Ultreya. Ferro Couselo estaba en Madrid cando estoupou a Guerra Civil española e inscribiuse nas Milicias Populares e na sección de ensino da CNT. Rematada a guerra instalouse en na súa casa natal de Novaíños e desde 1941 onde pasou o resto da súa vida como funcionario adscrito ao Corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos. Esta cidade fíxoo Fillo de Adopción. En 1942 creou o equipo de colaboradores do Museo Arqueolóxico con Vicente Risco e Florentino López Cuevillas. Pero Ferro Couselo non esqueceu o galeguismo político, en 1943 participou na xuntanza que se celebrou en Vigo para reorganizar o Partido Galeguista no interior e en 1950 foi un dos vogais do Consello de Administración que dirixía a Editorial Galaxia, clave para a recuperación do galeguismo cultural en Galicia, en 1951 ingresou na Real Academia Galega, en 1963 entrou a formar parte do consello de redacción da revista Grial, ano en que xunto co autor da idea Francisco Fernández del Riego e máis Manuel Gómez Román propuxo que a Real Academia Galega instituira a data do 17 de maio como Día das Letras Galegas. Foi presidente da Asociación Cultural Auriense (1969-1973), en 1971 creou o Boletín Auriense, publicación histórica de grande importancia e en 1972, polo seu labor científico, recibiu a Encomenda de Alfonso X o Sabio.

Ten unha extensa bibliografía composta de 121 traballos dos cales hai 5 escritos en portugués e 14 en lingua galega; os restantes están redactados en castelán.

Dedicouselle o Día das Letras Galegas de 1996.

Matilde Lloria



A poetisa MATILDE LLORIA (Matilde González Palau) naceu en Almansa (Albacete), educouse e formouse na cidade de Valencia e xa casada co doutor Federico Lloria, represaliado en 1939, acompañará ó seu home, en 1942, ó novo destino profesional, que foi a provincia de Ourense. Pasaron os primeiros anos no medio rural (A Merca), onde aprendeu o galego das xentes que lle chamaban a don Federico «o médico dos pobres». Xa na capital, nos primeiros tempos, recibe a visita de don Ramón Otero Pedrayo que a agasalla cun exemplar de Follas novas , de Rosalía de Castro, e cunhas palabras proféticas: «Estou certo que haberá entendemento entre as dúas». E hóuboo.
Vivindo en Ourense estreouse, no ano 1949, como poetisa en castelán, co libro Camino del cántico , e non tardou en ser premiada, en 1960, polo poemario en catalán valenciano Altíssim regne . En 1971 estreouse como poetisa en galego co libro, prologado por Otero Pedrayo, Caixiña de música . Son vintecinco cantos de Nadal, sentidos e moi ben cantados, que ilustran ¿e enriquecen¿ catro debuxos de Arturo Baltar. Matilde Lloria, nesta altura, xa publicara algúns poemas en galego, entre eles A Curros, home libre, que non é a única mostra da musa cívica da nosa escritora.

En 1994, Matilde Lloria doou a súa biblioteca familiar á Deputación de Ourense, data na que o Concello da capital a nomeou filla adoptiva. Nese ano, a Deputación publicou o poemario Dou fe , que é o segundo libro en lingua galega de Matilde Lloria. Nunha especie de epílogo, a poetisa estampa: «Dou fe/ de ter oído fondamente/ a maina voz do Miño/ a melodía do chover miudiño,/ piñeiros e amieiros dunha terra/ que me chamou, me chama e me chamará».

En 1993, o profesor Xosé M. Salgado e mais eu invitámola a participar no I congreso de poetas alófonos de lingua galega, ó que asistiu aínda acompañada polo doutor Lloria. Foi neste encontro onde nos referiu o episodio do entrañable agasallo bibliográfico de don Ramón e de como do seu «vivir na aldea traía uns granciños de sabedoría lingüística». Nesa ocasión, ela, escritora alófona, dedicoulle a García Lorca, ó poeta mártir (Castelao), un epicedio que moitos aínda lembrarán: Mencer anoitecido .

A vida a Matilde Lloria foille especialmente adversa nos dez últimos anos. A súa única filla, Ana María (arabista), morre no ano 1992, e o seu home, o médico dos pobres, falece tres anos despois. Nos últimos tempos Matilde Lloria procurou o consolo da poesía, especialmente da poesía en galego. Vai ser cando escriba o poemario que publicou a Deputación de Ourense: Unha casa no tempo . Poetisa trilingüe, o conxunto da súa producción literaria reclama un estudio dos especialistas no feito poético, estudio no que conviría dictaminar, nesta curiosa biografía, de que falan e como falan certos poetas cando optan, voluntariamente, por outra lingua.

sábado, 26 de mayo de 2007

Nuestra iglesia y su patron "San Jose"



Procesion de nuestro patron San Jose el dia 1 de mayo

viernes, 25 de mayo de 2007

POETA MANUEL ANTONIO

Manuel Antonio Pérez Sánchez naceu en Rianxo en 1900, mais, orfo de pai desde os catro anos, pasou a maior parte da súa infancia en Iria Flavia e Padrón. Estudou o Bacharelato en Compostela, onde entrou en contacto co republicanismo e iniciou a súa militancia galeguista. Na mesma cidade comezaría a carreira de Filosofía e Letras, que abandonou para seguir os estudos de piloto na Escola Náutica de Vigo.
Desde moi novo, a política formou parte das súas inquedanzas. Tras entrar en contacto cos movementos agraristas de loita anticaciquil, toma consciencia da realidade do país e asume un nacionalismo apaixonado. Despois de ler a vangarda europea e de coñecer o saudosismo portugués e mais o ahikú xaponés, guiado por Risco, en xuño de 1922 asinaba, xunto co artista plástico Álvaro Cebreiro, o manifesto "¡Máis alá!". Nel propugnaban o uso exclusivo do galego e a independencia da nosa literatura a respecto da española, rexeitando igualmente o estancamento da produción máis recente na tradición decimonónica. O manifesto, dirixido fundamentalmente á mocidade intelectual e que quería servir de auténtico revulsivo para o sector máis conservador do galeguismo, non chegou a desencadear a polémica que os autores desexaban.
É o poeta vangardista máis orixinal da literatura galega, cun único libro publicado en vida, De catro a catro. Follas d'un diario d'abordo (1928), que tardaría moitos anos en deixar pegadas noutras xeracións literarias.
En 1972, García Sabell deu a coñecer o resto da produción poética de Manuel Antonio: Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e mais dispois e mais Viladomar.
Manuel Antonio faleceu en 1930.

miércoles, 23 de mayo de 2007

Avenida de Vistahermosa


viernes, 27 de abril de 2007

Alfonso Alcaraz








Gracias por las fotos Rebe.